Xeral

O CÁMPING ALDÁN pon ao seu servizo unhas coidadas instalacións e mais unha gran variedade de servizos que farán que os seus días de descanso sexan inesquecibles. Goce de toda a nosa oferta cultural, deportiva, de lecer, gastronómica e de servizos en xeral, rodeados dunha paisaxe e praias de gran riqueza natural.

Wi-Fi de balde por todo o cámping.
– Pista polideportiva (tenis, baloncesto, voleibol, fútbol, etc…).
– Zona infantil axardinada.
Bar-Cafetería (almorzos).
– Supermercado (venda de xeo, venda de cámping gas).
– Churrasqueiras públicas.
– Caixa de primeiros auxilios.
– Fontes de auga potable.
– Amplas parcelas con sombra, tomas de electricidade e conexión de TV.
– Lavadoiros-vertedoiros, lavadora-secadora.
– Bloques de servizos con lavabos, W. C. e duchas con auga quente gratuíta (7-24).
– Estación de servizo de autocaravanas.
– WQ para autocaravanas e caravanas.
Vixilante nocturno.
– Servizo de correos.

ZONA DE ACAMPADA

No CÁMPING ALDÁN poderá gozar de amplas parcelas con céspede, rodeadas de abundante vexetación e árbores autóctonas fundamentalmente caducifolias, con máis de 70 especies diferentes coas súas variedades, cuxa catalogación estará en breve á disposición dos nosos clientes mediante fichas informativas en cada especie. As parcelas dispoñen tamén de todos os servizos necesarios como: conexión eléctrica, conexión de TV, Wi-Fi de balde…

Ademais, para maior comodidade dos campistas, hai distribuídas por todo o cámping fontes de auga potable e extintores. Á entrada do cámping temos colectores de recollida selectiva, pois desde a dirección impúlsase activamente o respecto polo medio ambiente, que é o mellor activo do CÁMPING ALDÁN.

BUNGALOWS

No CÁMPING ALDÁN poderá gozar duns confortables e acolledores bungalows de madeira totalmente equipados para 5 persoas que lle permitirán desfrutar das súas vacacións en plena natureza. Todos os bungalows teñen ademais os seguintes servizos: praza de aparcadoiro contigua, terraza cuberta con mobiliario, Wi-Fi gratis, auga quente, calefacción, frigorífico, TV, microondas, equipamento de cociña, roupa de cama, toallas e utensilios de limpeza.

CARACTERÍSTICAS:
– Un cuarto con 1 cama de 135 cm.
– Un cuarto con 2 liteiras e 1 cama de 90 cm.
– Cociña-comedor.
– Cuarto de baño e W. C. independentes.
– Terraza cuberta con mobiliario.