CÁMPING ALDÁN
O CÁMPING ALDÁN é un complexo turístico con todos os servizos e facilidades para converter as súas vacacións nuns días inesquecibles, rodeados de natureza e espazos extraordinarios en pleno corazón das Rías Baixas.
Está situado en Cangas do Morrazo, nunha zona privilexiada e de gran beleza natural en que o mar e a montaña se funden para o deleite de todos os sentidos. Asoma á ría de Aldán (300 m), onde hai praias de gran beleza e valor ecolóxico, ademais de contar co distintivo de bandeira azul en moitas delas. A 10 quilómetros están as illas Cíes, e por iso é un sitio estratéxico para coñecer os principais lugares turísticos das Rías Baixas e de Galicia en xeral.
Ademais o CÁMPING ALDÁN ofrécelles unhas instalacións de gran calidade, con parcelas rodeadas de abundante vexetación e árbores fundamentalmente autóctonas, o que crea unha atmosfera tranquila e natural, ideal para gozar ao máximo dos seus días de lecer. Todo isto compleméntase cunha ampla oferta de actividades deportivas, espectáculos e, sobre todo, un trato familiar e próximo que fará que as súas vacacións sexan inesquecibles.